Expositores | Aloxamento e Comidas | Expo Inega | Edicións | Contacto |
   Expo Inega

 

Instituto Enerxético de Galicia

O Instituto Enerxético de Galicia estará presente mediante a exposición "Un mundo de enerxía", un espacio didáctico e participativo onde os visitantes sométense a tódolos aspectos relacionados coa enerxía.

Con esta exposición pretendemos mellorar a comprensión sobre a importancia dos recursos enerxéticos ao tempo que profundizamos nos factores económicos e ambientais derivados do consumo co fin de fomentar a necesidade de incrementar a participación das fontes renovables no escenario da xeración enerxética.

Así o público asistente adquire coñecementos básicos sobre as diferentes fontes de enerxía, a súa transformación e o seu consumo.

Esta exposición estará aberta ó público, no Salón de Actos (2ª planta) do Pazo de Cultura do Concello de Carballo, dende o día 26 de marzo ata o 9 de abril , en horario de 10:00h a 14:00h. Tamén se poderá visitar a exposición en horario de tarde (de 16:00h a 20:00h) dende o 29 de marzo ata o 1 de abril.