| |
Benvidos á páxina que Axober creou
con motivo da celebración das III Xornadas de Enerxías
Renovables e Aforro Enerxético.
Este
ano, coa organización das "III
Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético"
e apoiándonos na experiencia das edicións anteriores,
queremos afrontar un novo reto de superación .
Nestas Xornadas seguirase ampliando a información acerca
da Enerxía Solar, Eólica, Hidráulica, Biogas,
Bioetanol, Biomasa,.... Seguindo a liña de actuación
marcada na última edición, nas que xa participaron
empresas de ámbito internacional, instalarase unha carpa
de 1.200 m2 de superficie, onde se expoñerán
as últimas novidades neste campo.
Axober espera aportar con estas accións,
dende a comarca de Bergantiños, os coñecementos e
experiencias a tódolos profesionais, e abrir un novo espectro
a todo o público en xeral, pois en definitiva é este
quen ten a última palabra como beneficiario desta nova fonte
de enerxía.
|
|